DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 22 de maio de 2024 Páx. 30658

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

ORDE do 13 de maio de 2024 pola que se dispón o cesamento dunha vogal do Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.

A Lei 3/2004, do 7 de xuño, de creación do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, determina no seu artigo 7 o carácter e a constitución do seu Consello de Administración, e o artigo 4 do Decreto 41/2005, do 17 de febreiro, do seu regulamento, sinala que a consellería competente en materia de pesca designará catro vogais entre o persoal ao servizo da Administración autonómica, que deberá ser persoal funcionario ou persoal laboral fixo. Pola súa banda, o artigo 5 do Decreto 41/2005, do 17 de febreiro, dispón que os vogais nomeados por proposta da Administración autonómica poderán ser separados pola consellería competente en materia de pesca.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

O cesamento de Silvia Cortiñas Fernández como vogal do Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2024

Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar