DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 22 de maio de 2024 Páx. 30884

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 9 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración por expediente de expropiación, no concello de Brión (expediente IN407A 2010/268-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, no concello de Brión (expediente IN407A 2010/268-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas interesadas na sede da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (teléfonos de contacto 981 18 23 78 e 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitar a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o prazo de dez (10) días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 9 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2010/268-1.

Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación da instalación: LAT 220 kV Lousame-Tivo.

Concello: Brión.

Predio

Lugar

Pol.

Parc.

Titularidade proposta

26

Estivada do Monte

58

1449

José Duarte Calvo

38

Fieiteira

58

1375

Ramona Fernández Sanmartín

55-2

Monte Coruxido

58

1330

Pilar García Manteiga

97

Longas

503

844

José Trigo García

115

Piñeiro

59

593

Herdeiros de Carmen Quintela Fernández

126

Abeleiro Longo

59

769

Descoñecida

127

Fiales

503

1100

José Trigo García

165

Novais

59

452

Herdeiros de Aurora Freire Verde

197

Pereiriñas

59

311

Herdeiros de Carmen Quintela Fernández

268

Cachalvite de Arriba

59

68

Vicente Basadre Villar

272

Cachalvite do Medio

59

8

Vicente Basadre Villar

289

Pontelo do Esqueiro

60

1109

Vicente Basadre Villar

317

Agro Mián

60

1234

Vicente Basadre Villar

326

Agro Mián

60

969

Vicente Basadre Villar

341

Estivada de Beca

60

8

José Antonio García López e herdeiros de Antonio García Calvo

342

Estivada de Beca

60

9

José Antonio García López e herdeiros de Antonio García Calvo

343

Estivada de Beca

60

10

José Antonio García López e herdeiros de Antonio García Calvo

344

Estivada de Beca

60

11

José Antonio García López e herdeiros de Antonio García Calvo

348-6

Estivada de Beca

60

6

Herdeiros de Manuel Framil Sorribas

348-7

Estivada de Beca

60

7

José Antonio García López e herdeiros de Antonio García Calvo

349

Estivada de Beca

60

18

José Antonio García López e herdeiros de Antonio García Calvo

350

Estivada de Beca

60

13

José Antonio García López e herdeiros de Antonio García Calvo