DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 22 de maio de 2024 Páx. 30878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 8 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a consignación de depósitos de prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMT GON805, CT Nandín II.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio infórmanse as persoas afectadas pola expropiación da consignación dos depósitos de prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT GON805, CT Nandín II, no concello de Nigrán, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria en Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta na cal se ingresará o depósito.

Vigo, 8 de maio de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2019/054-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT GON805, CT Nandín II.

Concello: Nigrán.

Predio

Referencia catastral

Titular

Depósito prezo xusto

2

54035A050002060000HS

Begoña e Yolanda Misa Nández

2024/54/250