Mediante a Orde do 14 de marzo de 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 61, do 26 de marzo, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de sete postos de traballo vacantes na extinta Consellería de Política Social e Xuventude.
De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 5 a 8 e 25 a 28 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria e adxudicarlle destino aos/ás traballadores/as cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, seleccionados/as conforme o establecido nas bases da convocatoria realizada por Orde da extinta Consellería de Política Social e Xuventude do 14 de marzo de 2024, nos postos de traballo que se indican no mesmo anexo.
Segundo. O cesamento no actual destino dos/das traballadores/as que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Se na data en que deben cesar no seu destino os/as traballadores/as están desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.
A toma de posesión das prazas adxudicadas deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia; no prazo de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia, ou dun mes se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.
Terceiro. A xefatura de persoal dos centros onde causen baixa os/as traballadores/as, así como a daquel en que obteñan destino, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.
Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2024
Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade
ANEXO I
Apelidos e nome |
NRP |
Grupo |
Corpo/ escala |
Denominación do posto |
Código |
Nivel |
Centro de destino |
Localidade |
Conde Bruces, Patricia |
****722357 A208C |
A2 |
Corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos facultativos, especialidade educadores |
Director/a de centro de menores |
PS.C99.40.301.15001.001 |
28 |
Centro de Menores San José de Calasanz |
A Coruña |
Piñeiro Cajete, Constantino Modesto |
****003213 A2060 |
A1 |
Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
Director/a administrador/a |
PS.C99.40.801.15001.001 |
26 |
Residencia de Maiores Torrente Ballester (A Coruña) |
A Coruña |
Andrade García, Sonia |
****822313 A2051 |
A2 |
Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
Director/a administrador/a |
PS.C99.40.801.15190.001 |
25 |
Residencia de Maiores (Carballo) |
Carballo |
Baltar Monteagudo, Otilia María |
****005135 A208H |
A1 |
Corpo facultativo superior, escala facultativos, especialidade pedagoxía |
Director/a de centro de menores |
PS.C99.40.301.15350.001 |
28 |
Complexo de Atención de Menores de Ferrol |
Ferrol |
Ocampo López, Cristina |
****127902L145100172 |
II |
Asistente social |
Director/a de residencia de maiores |
PS.C99.40.801.15350.001 |
26 |
Residencia de Maiores (Ferrol) |
Ferrol |
Brey Recimil, José Antonio |
****728124 A2060 |
A1 |
Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
Director/a administrador/a |
PS.C99.40.801.15660.001 |
25 |
Residencia de Maiores (A Pobra do Caramiñal) |
A Pobra do Caramiñal |
Castro Canosa, Vanesa |
****522624 A208E |
A2 |
Corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos facultativos, especialidade traballo social |
Director/a de residencia de maiores |
PS.C99.40.801.15770.001 |
26 |
Residencia de Maiores (Santiago de Compostela) |
Santiago de Compostela |