DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 23 de maio de 2024 Páx. 31169

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de modificación das bases específicas dos procesos selectivos para o acceso a prazas pertencentes ao cadro de persoal funcionario, en execución do proceso de estabilización de emprego temporal.

No Boletín Oficial del Estado núm. 311, do 28 de decembro de 2022, publicouse a Resolución do 15 de decembro de 2022, do Concello de Lugo, referente á convocatoria para prover varias prazas pertencentes ao cadro de persoal funcionario, en execución do proceso de estabilización de emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 086, do 13 de abril de 2024, foron publicadas modificacións das bases específicas que rexerán os procesos selectivos para prover varias prazas pertencentes ao cadro de persoal funcionario, en execución do proceso de estabilización de emprego temporal.

A dita modificación non establece a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Lugo, 23 de abril de 2024

A alcaldesa
P.D. (Decreto da Alcaldía 464/2024, do 19 de xaneiro)
Ángel Pablo Permuy Villanueva
Tenente de alcaldesa delegado da Área
de Xestión Integral de Recursos Internos