DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 23 de maio de 2024 Páx. 31173

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica da notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezarán a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, de acordo co establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está ao dispor dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo do Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Número de expediente: 3261/2024.

Referencia catastral

DNI/NIF/CIF

27067A019008390000XD

Titular descoñecido

27067A019008400000XK

Titular descoñecido

Viveiro, 25 de abril de 2024

María Loureiro García
Alcaldesa