O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) nos meses de xaneiro a abril do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 16 de maio de 2024
Pablo Fernández Vila
Director do Instituto Enerxético de Galicia
ANEXO
Convenios subscritos pola Axencia Instituto Enerxético de Galicia
(Inega) nos meses xaneiro, febreiro, marzo e abril
Convenio |
Data de sinatura |
Achega Axencia |
Convenio entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Fundación Semana Verde de Galicia para a celebración da Feira de Enerxía Enerxétika 2024. |
16.2.2024 |
80.000,00 € |
Convenio entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Universidade de Santiago de Compostela para a prestación de asesoramento en materia de almacenamento enerxético. |
12.4.2024 |
60.000,00 € |