Mediante a Resolución deste centro directivo do 26 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 105, do 5 de xuño), logo de tratamento na Mesa sectorial de negociación, fíxose público e autorizouse o primeiro programa temporal para a transición xeracional do persoal facultativo das institucións hospitalarias do Servizo Galego de Saúde, dirixido ao novo persoal especialista, e estableceuse o prazo para a presentación de solicitudes.
Como se fai constar na súa parte expositiva, o programa estivo dirixido a reter o persoal facultativo residente que estaba a finalizar nese momento o seu período de formación, ofertándolle de modo inmediato nomeamentos temporais de varios anos de duración coa finalidade de promover a remuda do colectivo próximo aos 300 profesionais facultativos/as especialistas dos hospitais do Servizo Galego de Saúde que cumpriron ou cumprirán os 70 anos (actualmente a idade límite da prolongación do servizo activo) no período 2023-2027. A este colectivo, que supón cerca do 6 % do persoal facultativo especialista hospitalario, hai que engadir aquel que opta por xubilarse cunha menor idade. Sen esquecer, ademais, que o envellecemento dos cadros de persoal do persoal facultativo especialista ten unha grande repercusión na dispoñibilidade de efectivos para a cobertura das gardas.
E como expuxo tamén a Resolución do 26 de maio de 2023, o número de nomeamentos que formaron parte dese programa do ano 2023, sesenta nomeamentos, atendía ao feito de que nos vindeiros anos finalizaría igualmente o seu período formativo outro persoal residente en formación, co cal tamén sería necesario contar no futuro, mediante programas semellantes, para garantir a pretendida transición xeracional.
Con base no que antecede procede autorizar un novo programa de remuda xeracional do persoal facultativo especialista, en virtude do cal as xerencias das áreas sanitarias poderán expedir un número semellante de novos nomeamentos temporais de tres anos de duración.
Polo demais, esta nova resolución reproduce o baremo, xa aplicado no ano 2023, que determinará a prelación no acceso aos nomeamentos temporais obxecto do programa, para o suposto moi probable de que sexa necesaria a súa aplicación. O dito baremo axústase ao colectivo destinatario do programa, profesionais que están finalizando a súa formación especializada, e establece méritos relativos á formación universitaria, ao coñecemento do idioma galego e á avaliación final do período de residencia. Por outra parte, coa finalidade de procurar a continuidade dos equipos de traballo e da actividade asistencial, e de outorgar valor ao feito de coñecer o funcionamento, a organización e os procesos administrativos e asistenciais de cada institución hospitalaria, o dito baremo tamén inclúe como mérito o feito de ter traballado ata este momento, como persoal residente en formación, na institución na que agora se pretenda prestar servizos acolléndose a este programa. Este mérito específico inclúese no baremo baixo a denominación de «continuidade asistencial».
Cómpre recordar ademais que, como o do ano 2023, este programa temporal para a transición xeracional, pola súa finalidade, enténdese sen prexuízo de que a cobertura das vacantes derivadas das xubilacións se produza polo sistema ordinario de xestión de chamamentos por listas, coa orde de prelación que resulte, regulado neste momento polo pacto sobre a selección de persoal estatutario temporal licenciado sanitario de atención hospitalaria (Diario Oficial de Galicia núm. 240, do 18 de decembro de 2018); listas en que obviamente deberá inscribirse o novo persoal especialista, incluído aquel que solicite a súa participación neste programa temporal, para acadar a condición de aspirante aos ditos chamamentos.
Por outra parte, convén engadir que, a diferenza do programa do ano 2023, este do ano 2024 executarase en dúas fases e mediante dous prazos de presentación de solicitudes. O primeiro e máis inmediato vai dirixido ao persoal que iniciou o seu período formativo no ano 2019 e que está a finalizar neste intre a súa residencia en especialidades cun período formativo de cinco anos. O segundo prazo adiase ao mes de setembro e ten por destinatario o colectivo de residentes que, polo atraso xerado pola pandemia, iniciou en setembro de 2020 a formación nas especialidades de catro anos de duración.
De conformidade co que antecede, no uso das competencias atribuídas nos artigos 18 e seguintes do Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia número 208, do 31 de outubro), e o artigo 7 da Orde do 22 de abril de 2020, de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia número 82, do 29 de abril),
DISPOÑO:
Primeiro. Obxecto e ámbito do novo programa para a transición xeracional do persoal facultativo especialista
Dando continuidade ao programa autorizado mediante a Resolución deste centro directivo do 26 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 105, do 5 de xuño), autorízase un novo programa temporal para a transición xeracional do persoal facultativo especialista, dirixido a que as xerencias das áreas sanitarias expidan nomeamentos temporais de tres anos de duración, baseados no artigo 9.1.b) da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, nas especialidades e no número que figuran nos anexos I e II desta resolución.
Este programa ten por destinatario o colectivo de persoal residente en formación das áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde que finaliza este ano 2024 o seu período formativo en calquera das especialidades dos ditos anexos.
Segundo. Prazos e procedemento de presentación de solicitudes
O persoal residente en formación que, consonte o disposto no punto primeiro anterior, sexa destinatario do programa temporal para a transición xeracional e pretenda acceder a algún dos nomeamentos temporais de tres anos de duración previstos nos anexos I e II, poderá presentar a súa solicitude nos seguintes prazos:
1º. Persoal que finalice a súa formación no mes de maio (nomeamentos do anexo I): no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
2º. Persoal que finalice a súa formación no mes de setembro (nomeamentos do anexo II): do 17 ao 30 de setembro de 2024.
As persoas interesadas deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (FIDES/expedient-e/Sección de Procesos/Transición Xeracional).
Os/as participantes poderán solicitar, por orde de preferencia, calquera das áreas sanitarias, de ser o caso distritos, nas que, en execución do programa, se incorporará persoal temporal da súa especialidade (ver anexos I e II).
A solicitude presentarase a través de referida Oficina Virtual do Profesional e será dirixida necesariamente á unidade de validación da institución hospitalaria do organismo na que o/a residente finalice o seu período de residencia. Presentarase por rexistro electrónico, e requirirase, para estes efectos, un certificado dixital válido: FNMT, DNI electrónico ou Camerfirma.
Na seguinte ligazón figuran a información e as instrucións precisas para acceder ao expediente electrónico (FIDES): https://www.sergas.es/Recursos-Humanos/oficina-profesional-expediente-electronico-sergas?idioma=ga
A presentación dunha solicitude non resultará vinculante para a persoa solicitante, a cal poderá rexeitar o concreto nomeamento de tres anos de duración que lle sexa finalmente ofertado en execución do programa.
Terceiro. Orde de prelación
Cando polo número de solicitudes presentadas e as preferencias manifestadas nelas sexa preciso aplicar unha prelación para que o novo persoal especialista acceda aos nomeamentos temporais do programa, a orde virá determinada pola puntuación que resulte do baremo que establece o anexo III desta resolución.
Os méritos relativos á formación universitaria (grao e posgrao), ao coñecemento do idioma galego e á avaliación final do período de residencia deberán estar acreditados documentalmente pola persoa interesada, e debidamente rexistrados no sistema informático Fides/expedient-e, o último día de presentación de solicitudes.
Para o rexistro e a acreditación destes méritos, no prazo referido, atenderase ás normas xerais que se aplican nos procesos de selección do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde; concretamente ás normas que establece a base 3.2.1 da Resolución do 14 de decembro de 2022 pola que se convocou un concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área (Diario Oficial de Galicia número 3, do 4 de xaneiro de 2023). A solicitude de validación de méritos deberá dirixirse necesariamente á unidade de validación da institución hospitalaria na que o/a residente finalice o seu período de residencia.
Non será necesaria a acreditación documental do mérito correspondente á «continuidade asistencial».
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante esta dirección xeral no prazo dun mes contado a partir da mesma data, de conformidade coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2024
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
ANEXO I
Especialidades que finalizan o período formativo no mes de maio de 2024
Solicitudes no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia
Área Sanitaria |
Especialidade |
Distrito |
Total |
A Coruña e Cee |
Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía |
2 |
|
Cirurxía Pediátrica |
1 |
||
Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo |
1 |
||
Medicina Intensiva |
1 |
||
Total A Coruña e Cee |
5 |
||
Ferrol |
Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía |
1 |
|
Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo |
1 |
||
Medicina Intensiva |
1 |
||
Medicina Interna |
1 |
||
Uroloxía |
1 |
||
Total Ferrol |
5 |
||
Santiago de Compostela e Barbanza |
Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía |
Barbanza |
1 |
Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo |
1 |
||
Medicina Intensiva |
1 |
||
Medicina Interna |
1 |
||
Neurocirurxía |
1 |
||
Uroloxía |
1 |
||
Total Santiago de Compostela e Barbanza |
6 |
||
Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
Cardioloxía |
1 |
|
Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía |
2 |
||
Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo |
1 |
||
Total Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
4 |
||
Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía |
2 |
|
Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo |
1 |
||
Medicina Interna |
1 |
||
Total Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
4 |
||
Pontevedra e O Salnés |
Medicina Interna |
1 |
|
Uroloxía |
1 |
||
Total Pontevedra e O Salnés |
2 |
||
Vigo |
Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía |
1 |
|
Medicina Interna |
1 |
||
Oncoloxía Médica |
1 |
||
Total Vigo |
3 |
||
Total |
29 |
ANEXO II
Especialidades que finalizan o período formativo no mes de setembro de 2024
Solicitudes do 17 ao 30 setembro de 2024
Área Sanitaria |
Especialidade |
Distrito |
Total |
A Coruña e Cee |
Hematoloxía e Hemoterapia |
1 |
|
Pediatría e súas áreas específicas |
1 |
||
Radiodiagnóstico |
3 |
||
Total A Coruña e Cee |
5 |
||
Ferrol |
Medicina Preventiva e Saúde Pública |
1 |
|
Neumoloxía |
1 |
||
Psiquiatria |
1 |
||
Radiodiagnóstico |
1 |
||
Total Ferrol |
4 |
||
Santiago de Compostela e Barbanza |
Anatomía Patolóxica |
1 |
|
Microbioloxía e Parasitoloxía |
1 |
||
Pneumoloxía |
1 |
||
Radiodiagnóstico |
2 |
||
Total Santiago de Compostela e Barbanza |
5 |
||
Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
Aparello Dixestivo |
1 |
|
Nefroloxía |
1 |
||
Obstetricia e Xinecoloxía |
1 |
||
Oftalmoloxía |
1 |
||
Pediatría e as súas áreas específicas |
1 |
||
A Mariña |
1 |
||
Monforte de Lemos |
1 |
||
Radiodiagnóstico |
1 |
||
Xeriatría |
1 |
||
Total Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
9 |
||
Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Anestesioloxía e Reanimación |
1 |
|
Neuroloxía |
2 |
||
Psiquiatría |
3 |
||
Radiodiagnóstico |
2 |
||
Total Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
8 |
||
Pontevedra e O Salnés |
Análises Clínicas |
1 |
|
Anatomía Patolóxica |
1 |
||
Anestesioloxía e Reanimación |
1 |
||
Hematoloxía e hemoterapia |
1 |
||
Radiodiagnóstico |
2 |
||
Total Pontevedra e O Salnés |
6 |
||
Vigo |
Aparello Dixestivo |
1 |
|
Radiodiagnóstico |
3 |
||
Xeriatría |
1 |
||
Total Vigo |
5 |
||
Total |
42 |
ANEXO III
Baremo (puntuación máxima: 10 puntos)
1. Grao, posgrao e avaliación final do período de formación especializada (máximo 5 puntos).
a) Grao:
1.1. Licenciatura:
Plan antigo:
– Por cada matrícula de honra: 0,50 puntos.
– Por cada sobresaliente: 0,25 puntos.
– Por cada notable: 0,10 puntos.
Non se valorará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra.
A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas no plan de estudos, expresando o cociente con dous decimais.
Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.
Plan novo:
A puntuación correspondente aos estudos de cada participante obterase mediante a aplicación do seguinte algoritmo:
0,10 Cn + 0,25 Cs + 0,50 Cmh
________________________
Ca + Cn + Cs + Cmh
As anotacións Ca, Cn, Cs e Cmh corresponden ao número total de créditos que na certificación académica estean adscritos a materias troncais e obrigatorias e nos que, respectivamente, se obtiveron as cualificacións de aprobado, notable, sobresaliente e matrícula de honra. Non se puntuará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra.
Non serán valorados os créditos correspondentes a materias optativas ou de libre elección/configuración.
A puntuación resultante expresarase con dous decimais.
Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.
1.2. Exame de grao ou memoria de licenciatura: 0,30 puntos (con sobresaliente ou matrícula de honra 0,15 puntos máis).
1.3. Premio extraordinario: 0,30 puntos.
b) Posgrao.
1.1. Pola realización de todos os cursos de doutoramento (sistema anterior ao Real decreto 185/1985) ou pola realización do programa de doutoramento ata o nivel de suficiencia investigadora segundo os reais decretos 185/1985 e 778/1998, ou pola obtención do diploma de estudos avanzados (DEA): 2 puntos.
1.2. Título de doutor/a no ámbito das ciencias da saúde: 4,5 puntos.
1.3. Premio extraordinario de doutoramento no ámbito das ciencias da saúde: 0,50 puntos.
1.4. Por cada máster universitario oficial (Espazo Europeo de Educación Superior, EEES) no ámbito das ciencias da saúde, que se encontre debidamente acreditado e inscrito no RUCT: 1 punto.
A titulación de máster débea rexistrar o/a participante en Fides/expedient-e na epígrafe de formación continuada recibida/máster.
As epígrafes b.1) e b.2) son excluíntes entre si.
Estas actividades de posgrao valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior ao inicio do correspondente prazo de presentación de solicitudes.
c) Avaliación do período de formación polo sistema de residencia.
En atención á avaliación final cuantitativa obtida durante o período de residencia para a obtención do título de especialista na especialidade a que se opta, efectuada polo Comité de Avaliación baseándose nos resultados anuais ponderados de conformidade co establecido no anexo II da Resolución do 21 de marzo de 2018 (Boletín Oficial del Estado número 95, do 19 de abril), da Dirección Xeral de Ordenación Profesional:
Avaliación final obtida durante a residencia e puntuación que se asignará:
Cualificación entre 5 e 7,5 |
3 puntos |
Cualificación > 7,5 e < 9,5 |
3,5 puntos |
Cualificación ≥ 9,5 |
4 puntos |
2. Coñecemento do idioma galego.
Para lle dar cumprimento á normalización do idioma galego e garantir o dereito dos/das usuarios/as dos distintos servizos sanitarios do Servizo Galego de Saúde ao seu uso, así como a promoción do uso normal do galego por parte dos poderes públicos de Galicia, valorarase o coñecemento da lingua galega cunha puntuación específica e adicional de 2 puntos.
Terán dereito a esta puntuación os/as participantes no programa que teñan acreditado, na forma e noprazo indicados no punto terceiro desta resolución, estar en posesión do certificado acreditativo do coñecemento da lingua galega Celga 4, ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (curso de perfeccionamento de galego), de conformidade co establecido na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, que regula os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega. A posesión do certificado valorarase con referencia ao día inmediatamente anterior ao inicio do correspondente prazo de presentación de solicitudes.
3. Continuidade asistencial (mérito específico).
Para acceder aos nomeamentos temporais do programa de transición xeracional dunha concreta área sanitaria: 3 puntos por ter finalizado a formación especializada no Servizo Galego de Saúde por conta e baixo a dependencia desa área sanitaria.