O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no mes de abril de 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da
Consellería de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional
ANEXO
Denominación do posto |
Achega consellería |
Data da sinatura |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Fundación Empresa-Universidad Gallega (Feuga) para a inclusión no sistema da seguridade social do alumnado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial no período de formación en empresa u organismo equiparado |
580.701,63 € |
19.4.2024 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre para o desenvolvemento conxunto do programa Naturacción |
22.689,03 € |
19.4.2024 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e o Grupo Compostela de Universidades, para a organización do XXVIII Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia, relacionado con actividades de investigación, estudo e divulgación do patrimonio cultural e universitario |
12.610,00 € |
22.4.2024 |
Segunda addenda ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade (actual Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional) e a Universidade de Santiago de Compostela, para a impartición por parte desta entidade da formación pedagóxica e didáctica para impartir docencia nas ensinanzas de formación profesional. |
Sen custo |
23.4.2024 |