O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, no mes de abril de 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024
Elvira Mª Casal García
Secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
ANEXO
Denominación do convenio |
Aportación da consellería |
Data da sinatura |
Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (Aelg) para a realización de actividades de promoción do libro e a lectura no ano 2024. |
15.000,00 € |
29.4.2024 |
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación de Banda de Gaitas de Pontevedra para a divulgación da música galega a través da realización de cursos de formación. |
15.000,00 € |
29.4.2024 |
Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación Galega de Editoras, para a realización de actividades de promoción e consolidación do sector do libro e para o mantemento da asociación no ano 2024. |
15.000,00 € |
29.4.2024 |
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Liceo de Ourense para a substitución do mobiliario industrial coa finalidade de mellorar a súa eficiencia enerxética e a seguridade das persoas. |
30.000,00 € |
29.4.2024 |
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación Cultural Évame-Oroza para a realización de actividades culturais. |
15.000,00 € |
29.4.2024 |