DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 11 de xuño de 2024 Páx. 35483

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 3 de xuño de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee, polo que se dá publicidade da resolución, da mesma data, para a provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, dun posto de xefe/a de sección de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía do Hospital Público de Cee.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, no Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, e de acordo co establecido na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril), de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, modificada pola Orden do 25 de maio de 2020 (DOG nº 103, do 29 de maio) e pola Orde do 13 de maio de 2022 (DOG nº 102, do 30 de maio), a Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, mediante o procedemento de avaliación colexiada, dun posto de xefe/a de sección de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía do Hospital Público de Cee.

Segundo. As solicitudes para participar nesta convocatoria, xunto coa documentación a que se refiren as súas bases, deberán dirixirse á Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee e poderán presentarse no Rexistro do Hospital Universitario A Coruña (Edificio Hotel de Pacientes, As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña), así como a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) e na páxina web do Espazo do Profesional da Área Sanitaria da Coruña e Cee.

A Coruña, 3 de xuño de 2024

Luis Verde Remeseiro
Xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee