DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 14 de xuño de 2024 Páx. 36023

I. Disposicións xerais

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 138/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Advertido erro no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 101, do 27 de maio de 2024, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 31650, onde di: «f) A Xunta Autonómica de Directores de Centros de Ensino non Universitarios, creada pola Orde do 11 de novembro de 1999 e, a nivel territorial, as xuntas provinciais de directores de centros de ensino non universitario, creadas pola Orde do 10 de decembro de 1997», debe dicir: «f) A Xunta Autonómica de Directores e Directoras de Centros de Ensino non Universitario e as xuntas provinciais, reguladas pola Orde do 26 de febreiro de 2019 (DOG núm. 47, do 7 de marzo)».