De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse, para proceder á notificación dos actos administrativos de requirimento de emenda das solicitudes, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou as persoas que as representen debidamente acreditadas.
Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as ditas persoas interesadas, por si ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos; r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírteselles que, de non atenderen ao acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de dez (10) días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se considerarán desistidas da súa petición logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.
A Coruña, 3 de xuño de 2024
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Procedemento BS611A Expediente |
Persoa interesada |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
2024/5737-1 |
08397513Y |
Requirimento da emenda da solicitude |
22.3.2024 |
2024/6415-1 |
X4826727Q |
Requirimento da emenda da solicitude |
4.4.2024 |
2024/6426-1 |
Y7296219N |
Requirimento da emenda da solicitude |
4.4.2024 |
2024/6884-1 |
49200271M |
Requirimento da emenda da solicitude |
15.4.2024 |