DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 27 de xuño de 2024 Páx. 39632

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 19 de xuño de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de xefe/a de servizo de Atención Primaria.

De conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 145/2024, do 20 de maio (DOG núm. 208, do 27 de maio), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, así como na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, modificada pola Orde do 25 de maio de 2020 (DOG núm. 103, do 29 de maio), esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de xefe/a de servizo de Atención Primaria que se relacionan no anexo.

Segundo. As retribucións dos postos ofertados serán as que correspondan de acordo coas ordes vixentes polas que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Complexo Hospitalario Universitario de Lugo e na intranet da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Cuarto. As solicitudes para participar nesta convocatoria, xunto coa documentación a que se refiren as súas bases, presentaranse, dirixidas ao xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, preferentemente no Rexistro do Complexo Hospitalario Universitario de Lugo, rúa Doutor Ulises Romero, nº 1, 27003 Lugo, ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 19 de xuño de 2024

Ramón Ares Rico
Xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

ANEXO

Denominación do posto

Servizo de Atención Primaria

Nº de vacantes

Xefe/a de servizo de Atención Primaria

Mondoñedo

1

Xefe/a de servizo de Atención Primaria

Sarria

1