Logo de examinar a proposta de resolución, en relación coas axudas correspondentes á modalidade B da Orde do 27 de febreiro de 2024 e de acordo co disposto no artigo 34 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de conformidade co artigo 17 da orde de bases e convocatoria,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder as subvencións da modalidade B: axudas ao sector editorial, relativas a gastos de produción, distribución e comercialización de libros en lectura fácil en formato físico ou dixital en galego, aos proxectos que se relacionan no anexo I cos importes correspondentes a cada beneficiario.
Segundo. Denegar as solicitudes das empresas editoras que se relacionan no anexo II por non cumprir os requisitos exixidos polas bases da convocatoria e indicar a causa de exclusión.
Terceiro. De conformidade co disposto no artigo 22 da orde de bases e convocatoria, as editoras beneficiarias dispoñerán dun prazo de dez (10) días para a aceptación da subvención, contado desde o día seguinte ao da data de publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido este prazo sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.
Quedará sen efecto a concesión ás persoas beneficiarias que non acepten a subvención.
Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben impugnarse directamente a través do recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En todo caso, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza o rexeitamento presunto do recurso de reposición.
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2024
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
P.D. (Orde do 29.7.2022; DOG núm. 151, do 8 de agosto;
D.A. 2ª do Decreto 49/2024)
Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura
ANEXO I
Modalidade B. Axudas ao sector editorial, relativas a gastos de produción, distribución e comercialización de libros en lectura fácil en formato físico ou dixital en galego (CT238C).
| Entidade | Título | Anualidade 2024 | Anualidade 2025 | Total concedido | 
| Editorial Bululu, S.L. | Coidado coa charca | 2.519,64 € | 2.880,36 € | 5.400,00 € | 
| Editorial Bululu, S.L. | Xa voooou | 2.519,64 € | 2.880,36 € | 5.400,00 € | 
| Editorial Galaxia, S.A. | As malas mulleres | 2.495,77 € | 2.853,07 € | 5.348,84 € | 
| Editorial Galaxia, S.A. | Meigas | 2.121,50 € | 2.425,22 € | 4.546,72 € | 
| Editorial Galaxia, S.A. | O Misterio do Torque de Burela | 2.351,12 € | 2.687,71 € | 5.038,83 € | 
| Hércules de Ediciones, S.L. | A saga das curandeiras | 2.799,60 € | 3.200,40 € | 6.000,00 € | 
| Horsori Editorial, S.L. | Ana, a das tellas verdes | 1.280,25 € | 1.463,53 € | 2.743,79 € | 
| Horsori Editorial, S.L. | A máquina do tempo | 1.118,97 € | 1.279,16 € | 2.398,13 € | 
| Instituto para el Desarrollo Educativo y Cultural | Contos de amor | 2.309,67 € | 2.640,33 € | 4.950,00 € | 
| Ivette Noguera García Edicións, S.L. | Un ano arredor do gran roble | 1.569,27 € | 1.793,94 € | 3.363,21 € | 
| Ivette Noguera García Edicións, S.L. | Unha bufanda de sol | 1.314,41 € | 1.502,59 € | 2.817,00 € | 
| Ivette Noguera García Edicións, S.L. | O ovo do sol | 1.377,78 € | 1.575,03 € | 2.952,81 € | 
| Ivette Noguera García Edicións, S.L. | Tomates de Mila | 1.090,33 € | 1.246,43 € | 2.336,76 € | 
| Kalandraka Editora, S.L. | Nicolás vai á biblioteca | 2.799,60 € | 3.200,40 € | 6.000,00 € | 
| Kalandraka Editora, S.L. | Nicolás vai ao médico | 2.799,60 € | 3.200,40 € | 6.000,00 € | 
| Centro Lingoreta, S.L. | Lingoreto e Lingoreta. Respiración | 2.799,60 € | 3.200,40 € | 6.000,00 € | 
| La Mar de Fácil, S.L. | A filla do mar | 1.254,78 € | 1.434,42 € | 2.689,20 € | 
| La Mar de Fácil, S.L. | O misterio do Camiño de Santiago | 1.146,44 € | 1.310,56 € | 2.457,00 € | 
| Técnicas & Gramaxe, S.L. | Os Balbinos visitan os pazos de Galicia | 2.799,60 € | 3.200,40 € | 6.000,00 € | 
| Técnicas & Gramaxe, S.L. | A Lúa e a Bal gústalles a música | 2.799,60 € | 3.200,40 € | 6.000,00 € | 
ANEXO II
| Entidade solicitante | Título | Causa | 
| Instituto para el Desarrollo Educativo y Cultural | Contos da Terra | 1 | 
| Instituto para el Desarrollo Educativo y Cultural | Contos Tráxicos | 2 | 
Causas de exclusión:
1. Non cumprir co disposto no artigo 7.4.c) da orde de convocatoria.
2. Non cumprir co disposto no artigo 7.4.c) da orde de convocatoria. O número de DL asignado inicialmente a esta obra, o PO555-2022, foi anulado de oficio por non ter realizado a correspondente constitución da obriga legal.

