DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 2 de xullo de 2024 Páx. 40301

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 1 de xullo de 2024 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas extraordinarias á industria da automoción en Galicia (liña B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IN422P).

BDNS (Identif.): 771856.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

As empresas industriais do sector de automoción galegas ou cun centro de traballo en Galicia. Consideraranse industrias de automoción aquelas cuxa actividade se desenvolva no CNAE 29, en calquera das súas subepígrafes, e tamén aquelas empresas que, non estando dadas de alta en actividades do CNAE 29 senón en actividades industriais xenéricas, estean asociadas á Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia.

Segundo. Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto apoiar a industria da automoción galega na transición á mobilidade sustentable subvencionando as seguintes tipoloxías de proxectos:

1. Axuda a proxectos de aforro e eficiencia enerxética.

2. Axuda a proxectos de enerxías renovables.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 1 de xullo de 2024 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas extraordinarias á industria da automoción en Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia non competitiva (liña A, código de procedemento IG300I, e liña B, código de procedemento IN422P).

Cuarto. Importe

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741.A.7700 e por un importe de 8.000.000 € no ano 2024.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará ás 9.00 horas do día 8 de xullo de 2024 e rematará ás 14.00 horas do 2 de setembro de 2024, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2024

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica