Cumpridos os trámites previstos na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, acordouse, en virtude do indicado no seu artigo 70.13, dar publicidade ás resolucións, que poñen fin á vía administrativa, dos outorgamentos das seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:
Data da resolución: 29.4.2024.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 13-19-23-C-1.
Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio 13.19.edf.004 (pavillón deportivo) de titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de formación e promoción de deportes náuticos (piragüismo) e almacenaxe de embarcacións.
Porto: Aldán.
Concesionario: Clube do Mar Ría de Aldán.
Superficie concedida no título concesional: 637 m2.
Investimento: 0,00 €.
Prazo da concesión: dez (10) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 20.920,99 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,0 % das actividades portuarias de ensinanzas náuticas.
Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.
Taxas TODP con bonificación: 2.092,10 € anuais (IVE excluído).
Data da resolución: 2.5.2024.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 14-07-23-C-2.
Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario soterrado, en voo e en superficie e da obra 14.07.obr.002 (liñas eléctricas e centro de transformación) para o desenvolvemento da actividade de subministración de electricidade.
Porto: Viveiro-Celeiro.
Concesionario: Begasa (Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.).
Superficie concedida no título concesional: 2.477 m2.
Investimento: 20.874,27 € (sen IVE).
Prazo da concesión: trinta e cinco (35) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 6.262,93 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, será de 4.954,00 € anuais polas redes de fornecemento de enerxía a clientes, exclusivamente dentro da zona de servizo do porto.
Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.
Data da resolución: 10.5.2024.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 14-05-22-C-1.
Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio (14.05.edf.008) bar 1 + bar 2 (almacén anexo) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de bar-restaurante.
Porto: Burela.
Concesionario: Amares Mariña, S.L.
Superficie concedida no título concesional: 327 m2.
Investimento: 131.429,55 € (sen IVE).
Prazo da concesión: quince (15) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 19.557,79 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 2,0 % das actividades non estritamente portuarias de bar-restaurante.
Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.
Data da resolución: 16.5.2024.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 12-21-23-C-1.
Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio 12.21.edf.012 (quiosco) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de venda de prensa, bebidas e snacks.
Porto: Laxe.
Concesionario: Víctor Manuel Lema Serantes.
Superficie concedida no título concesional: 20 m2.
Investimento: 0,00 €.
Prazo da concesión: cinco (5) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 425,45 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, 200,00 € mensuais en concepto de venda de produtos comestibles sen elaboración, bebidas e/ou non comestibles.
Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.
Data da resolución: 22.5.2024.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 12-55-23-C-1.
Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie, rampla e dous edificios 12.55.edf.012 (nave estaleiros 1) e 12.55.edf.013 (nave estaleiros 3) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de estaleiro de embarcacións menores de casco de madeira.
Porto: Rianxo.
Concesionario: Astilleros Catoira, S.L.
Superficie concedida no título concesional: 2.224 m2.
Investimento: 0,00 €.
Prazo da concesión: dez (10) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 32.208,10 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,0 % das actividades portuarias de estaleiros.
Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.
Taxas TODP con bonificación: 18.976,96 € anuais (IVE excluído).
Data da resolución: 22.5.2024.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 13-04-23-C-1.
Obxecto da concesión: ocupación do edificio 13.04.edf.001 (lonxa) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade comercial de lonxa para o sector pesqueiro e/ou marisqueiro.
Porto: O Xufre (A Illa de Arousa).
Concesionario: Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da provincia de Pontevedra (OPP20).
Superficie concedida no título concesional: 1.540 m2.
Investimento: 0,00 €.
Prazo da concesión: quince (15) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 18.429,72 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, será de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa.
Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.
Taxas TODP con bonificación: 1.842,97 € anuais (IVE excluído).
Data da resolución: 23.5.2024.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 12-48-23-C-3.
Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario e do edificio 12.48.edf.022 (almacéns armadores) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de almacén de armadores.
Porto: Ribeira.
Concesionario: Asociación de Armadores de Palangre de Ribeira e Aguiño.
Superficie concedida no título concesional: 320 m2.
Investimento: 0,00 €.
Prazo da concesión: dez (10) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 13.968,86 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,5 % das actividades portuarias de naves de almacenaxe.
Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.
Data da resolución: 24.5.2024.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 14-07-24-C-1.
Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio clave 14.07.edf.019 titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de procesado e envasado de produtos do mar.
Porto: Viveiro-Celeiro.
Concesionario: Confraría de Pescadores de Celeiro.
Superficie concedida no título concesional: 557 m2.
Investimento: 765.230,64 € (sen IVE).
Prazo da concesión: trinta e cinco (35) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 28.458,51 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,5 % das actividades portuarias de naves de almacenaxe e do 1,5 % das actividades portuarias de transformación e manipulación da pesca.
Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.
Data da resolución: 30.5.2024.
Tipo de trámite: prórroga de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 12-02-08-C-1.
Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio centro de recepción de visitantes e sala de exposicións non titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de exposicións relacionadas coa cultura marítimo-pesqueira.
Porto: Ortigueira.
Concesionario: Concello de Ortigueira.
Superficie concedida no título concesional: 372 m2.
Investimento: 0,00 €.
Prazo da concesión: ata o 14.5.2031.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 1.047,59 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 2 % das actividades portuarias culturais (museos e/ou exposicións relacionadas coa cultura marítima pesqueira) e do 2 % das actividades non estritamente portuarias de cafetaría.
Taxa TODP susceptibles de bonificación/s: si.
Taxa TODP con bonificación: 123,91 € anuais (IVE excluído).
Data da resolución: 3.6.2024.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 12-28-23-C-1.
Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio 12.60.edf.001 (lonxa) para o desenvolvemento das actividades de lonxa, oficinas e depuradora de moluscos.
Porto: Maniños-Barallobre.
Concesionario: Confraría de Pescadores de Barallobre.
Superficie concedida no título concesional: 665 m2.
Investimento: 30.236,09 € (sen IVE).
Prazo da concesión: quince (15) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 12.506,64 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, será de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa, de 80,00 € anuais en concepto de carretilla elevadora, e unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1 % das actividades portuarias de depuradoras de moluscos.
Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.
Taxas TODP con bonificación: 5.188,27 € anuais (IVE excluído).
Data da resolución: 3.6.2024.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 13-28-24-C-1.
Obxecto da concesión: explotación de estación marítima de Baiona como bar cafetaría.
Porto: Baiona.
Concesionario: El Viso Social, S.L.
Superficie concedida no título concesional: 275,86 m2.
Investimento: 27.275,00 € (sen IVE).
Prazo da concesión: dez (10) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 12.608,63 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 2% das actividades non estritamente portuarias de hostalaría.
Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.
Taxas TODP con bonificación: 8.826,81 € anuais (IVE excluído).
Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución en que se fai público o outorgamento.
Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024
José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia