A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade recibiu do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un oficio por medio do que se ordena a remisión do expediente administrativo correspondente ao Decreto 30/2024, do 15 de febreiro, polo que se establecen os procedementos e os controis para a subministración de medicamentos de uso exclusivamente hospitalario a profesionais da veterinaria (DOG núm. 50, do 11 de marzo), por mor da interposición dun recurso contencioso-administrativo fronte a este.
En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido tribunal.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2024
Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade