Advertidos erros na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 106, do 3 de xuño de 2024, cómpre realizar as seguintes correccións:
Na páxina 33506, no artigo 4.2, nas letras e) e f), onde di:
«e) Non estar en ningún dos supostos establecidos no número 1, alíneas a) e b), do artigo 11 do Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021:
– Ter cometido infraccións graves consonte o artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, o artigo 90 do Regulamento (CE) nº 1224/2009, ou consonte outros actos lexislativos adoptados polo Parlamento Europeo e polo Consello no marco da PPC.
– Non estar, ou ter estado involucrado nos últimos 24 meses na explotación, xestión ou propiedade dalgún buque pesqueiro incluído na lista de buques INDNR da Unión Europea, segundo dispón o artigo 40, número 3, do Regulamento (CE) nº 1005/2008 polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada; nin estar, nin ter estado involucrado nos últimos 12 meses, na explotación, xestión ou propiedade dalgún buque que enarbore o pavillón de países incluídos na lista de terceiros países non cooperantes prevista no artigo 33 do citado regulamento.
f) No marco do FEMP ou Fempa, ter sido declarado culpable de cometer fraude, tal como se define no artigo 3 da Directiva (UE) 2017/1371».
Debe dicir:
«e) Non atoparse en ningún dos supostos establecidos no número 1, letras a) e b), do artigo 11 do Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021:
– Ter cometido infraccións graves consonte o artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, o artigo 90 do Regulamento (CE) nº 1224/2009, ou consonte outros actos lexislativos adoptados polo Parlamento Europeo e polo Consello no marco da PPC.
– Estar, ou ter estado involucrado nos últimos 24 meses, na explotación, xestión ou propiedade dalgún buque pesqueiro incluído na lista de buques INDNR da Unión Europea, segundo dispón o artigo 40, número 3, do Regulamento (CE) nº 1005/2008 polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada; estar, ou ter estado involucrado nos últimos 12 meses, na explotación, xestión ou propiedade dalgún buque que enarbore o pavillón de países incluídos na lista de terceiros países non cooperantes prevista no artigo 33 do citado regulamento.
f) No marco do FEMP ou FEMPA, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, tal como se define no artigo 3 da Directiva (UE) 2017/1371».
Esta corrección non supón modificación do prazo de presentación de solicitudes.