Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma LMTA TUI803 Hospital, dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.
As persoas interesadas poderán presentar, no prazo de 20 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que se concrete o valor da indemnización que consideren que lles corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.
Vigo, 26 de xuño de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/379-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: reforma LMTA TUI803 Hospital.
Concello: Tomiño.
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
1 |
36054A052003870000EU |
Descoñecido/a |
2 |
36054A052003560000EH |
Descoñecido/a |