Mediante a Resolución da Alcaldía número 2024003315, do 20 de xuño, acordouse aprobar inicialmente con condicións o Plan especial de reforma interior POL-14 en Liáns (documento NRE 2024007744, do 15 de abril).
De conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto na páxina web do Concello (www.oleiros.org), na área de Urbanismo-trámites de información pública, durante o prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.
Oleiros, 21 de xuño de 2024
Ángel García Seoane
Alcalde presidente