Advertidos erros no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 101, do 27 de maio de 2024, é necesario efectuar as seguintes correccións:
Na páxina 32061, artigo 5.7, onde di:
«7. Adscríbense á Xerencia do Servizo Galego de Saúde o Consello Asesor de Pacientes e o Comité de Ética da Investigación con Medicamentos de Galicia, ou órgano que o substitúa».
Debe dicir:
«7. Adscríbense á Xerencia do Servizo Galego de Saúde o Consello Asesor de Pacientes, o Consello Técnico de Atención Primaria e o Comité de Ética da Investigación con Medicamentos de Galicia, ou órgano que o substitúa».
Na páxina 32067, artigo 8.5, onde di: «g) O Consello Técnico de Atención Primaria», debe dicir: «g) A Comisión Central para a Regulación e Seguimento da Prestación Ortoprotésica de Galicia».
Na páxina 32075, no artigo 11.2.3 letra a):
Onde di:
«a) A elaboración e información das propostas de acordos marco de xestión de asistencia sanitaria, contratos de servizos asistenciais, así como as cláusulas anuais, realizando o seu seguimento e coordinando as propostas cos centros e áreas sanitarias».
Debe dicir:
«a) A elaboración e información das propostas de acordos marco de xestión de asistencia sanitaria, contratos de servizos asistenciais e de transporte sanitario, así como as cláusulas anuais, realizando o seu seguimento e coordinando as propostas cos centros e áreas sanitarias».