DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 9 de xullo de 2024 Páx. 41527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 18 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se notifica un acto administrativo ditado nos expedientes 2020/136/27, 2020/137/27 e 2020/138/27.

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a persoa interesada e que se indica no anexo para notificarlle o acto administrativo de comunicación dun trámite ditado nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil e demais normas de aplicación, e que figuran no dito anexo.

Os expedientes atópanse á disposición da dita persoa interesada ou da persoa que a represente, debidamente acreditada, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade, rolda da Muralla, 70 planta baixa onde, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do acto administrativo, de luns a venres laborables, desde as 9.00 ás 14.00 horas, advertindo que, de non facelo, se terá por practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, advírtese que desde o día seguinte á notificación do acto de comunicación do inicio do trámite de audiencia, practicada por comparecencia, terá dez (10) días hábiles para presentar as alegacións, suxestións e/ou documentación que estime procedente.

Lugo, 18 de xuño de 2024

Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo

ANEXO

Nº dos expedientes: 2020/136/27, 2020/137/27, 2020/138/27.

Persoa interesada: 34271581V.

Acto administrativo que se notifica:

– Oficio de comunicación do inicio do trámite de audiencia do 30 de maio de 2024.