DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 9 de xullo de 2024 Páx. 41556

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cedeira

ANUNCIO da convocatoria para a provisión de dúas prazas de persoal funcionario de carreira incluída na oferta de emprego público.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 105, do 31 de maio de 2024, foron publicadas integramente as bases xerais, bases específicas e convocatoria para a provisión de dúas prazas de persoal funcionario de carreira incluídas na oferta de emprego público do exercicio do Concello de Cedeira 2016.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da última publicación da respectiva convocatoria no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria, cando proceda, publicaranse conforme o disposto nas súas bases reguladoras.

Cedeira, 6 de xuño de 2024

Pablo Diego Moreda Gil
Alcalde