DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 9 de xullo de 2024 Páx. 41553

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 12 de xuño de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Ortigueira (expediente DH.A15.96721).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Ana María Vidal Bouza.

Volume total anual: 262,8 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,14 l/s.

Orixe: pozo x=597723; y=4840670 (ETRS89).

Destino: doméstico.

Lugar: A Calvela. Muíño do Lago.

Parroquia: Espasante (San Xoán).

Concello: Ortigueira (A Coruña).

Descrición do aproveitamento:

As augas cáptanse nun pozo na parcela 15062A012021690000TP e empréganse na vivenda para uso doméstico na parcela 15062A012021690000TP, ao outro lado do camiño.

O proxecto pode consultarse na sección «Participación pública» do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 9º andar, 15008 da Coruña, para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 12 de xuño de 2024

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte