A Dirección Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía e Industria fai público que a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación resolveu o 11 de novembro de 2022 ampliar o recoñecemento da declaración de condición mineral natural das augas procedentes da captación Aguasana 1 para as augas procedentes da captación Aguasana 5, no concello de Baiona, provincia de Pontevedra, cos seguintes datos:
Nome: Aguasana 5.
Titular: Aguasana, S.L.
Recurso: sección B) auga mineral natural para bebida envasada.
Concello: Baiona.
Situación: coordenadas UTM (ETRS89) fuso 29: X: 561.007 e Y: 4.657.642.
O que se fai público para coñecemento xeral e de conformidade co artigo 3 do Real decreto 1798/2010, do 30 de decembro, polo que se regula a explotación e comercialización de augas minerais naturais e augas de manancial envasadas para consumo humano.
En cumprimento das obrigas de publicidade recollidas no artigo 29 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, esta resolución poderá examinarse no portal da Consellería de Economía e Industria:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/instalacions-mineiras
Pontevedra, 22 de maio de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra