DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 12 de xullo de 2024 Páx. 42164

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 27 de xuño de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro no caso de non achegaren os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Mediante esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser encontrados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintos motivos para non recibiren as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluidas na relación posterior que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegar no prazo de dez (10) días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que cómpre achegar, deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 986 56 80 36.

Para que conste, sirva de notificación ao interesado, e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial do Estado (BOE).

Pontevedra, 27 de xuño de 2024

José Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

DNI/NIF/NIE

035477952S

034297223Z

053116297M

Y04264110Q

040564010Z

Y05561657H

037337065S

035322770Z