Antecedentes:
O 2 de xullo de 2019 publicouse, no Diario Oficial de Galicia núm. 124, o Anuncio do 25 de xuño de 2019 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado da reformulación do treito PO-350-Goián, vía de alta capacidade (VAC) Tui-A Guarda e mellora da seguridade viaria (MSV) da estrada PO-552, puntos quilométricos 57+760 ao 59+860, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto de referencia (clave PO/17/161.01.1).
O 28 de xuño de 2021 publicouse, no Diario Oficial de Galicia núm. 121, o Anuncio do 11 de xuño de 2021 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado de adaptación dos camiños de servizo previstos no proxecto de reformulación do treito PO-350-Goián, vía de alta capacidade (VAC) Tui-A Guarda e mellora da seguridade viaria (MSV) da estrada PO-552, puntos quilométricos 57+760 a 59+860, de clave PO/17/161.01.1, ás necesidades de mobilidade municipal, de clave PO/20/086.10, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados.
En virtude do disposto no artigo 55.6 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia,
RESOLVO:
Publicar o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 1 de xullo de 2024, polo que se aproba o trámite de información pública e informe das administracións afectadas e, definitivamente, o proxecto de trazado de adaptación dos camiños de servizo previstos no proxecto de reformulación do treito PO-350-Goián. Vía de alta capacidade (VAC) Tui-A Guarda e mellora da seguridade viaria (MSV) da estrada PO-552, puntos quilométricos 57+760 a 59+860, clave PO/17/161.01.1, ás necesidades de mobilidade municipal, de clave PO/20/086.10, e mais o trámite de información pública e informe das administracións afectadas do proxecto de trazado de reformulación do treito PO-350-Goián. Vía de alta capacidade (VAC) Tui-A Guarda e MSV da estrada PO-552, puntos quilométricos 57+760 a 59+860, de clave PO/17/161.01.1, que se recolle como anexo a esta resolución.
Contra o dito acordo do Consello da Xunta de Galicia, que pon fin á vía administrativa, poderase formular recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que con carácter previo e potestativo se poida formular un recurso de reposición no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
No caso de ser un suxeito obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración, para a interposición do recurso de reposición deberá empregar o modelo IF321B de recurso en materia de infraestruturas, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal/, ante a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.
Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2024
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas
ANEXO
Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 1 de xullo de 2024, polo que se aproba o trámite de información pública e informe das administracións afectadas e, definitivamente, o proxecto de trazado de adaptación dos camiños de servizo previstos no proxecto de reformulación do treito PO-350-Goián. Vía de alta capacidade (VAC) Tui-A Guarda e mellora da seguridade viaria (MSV) da estrada PO-552, puntos quilométricos 57+760 a 59+860, clave PO/17/161.01.1, ás necesidades de mobilidade municipal, de clave PO/20/086.10, e mais o trámite de información pública e informe das administracións afectadas do proxecto de trazado de reformulación do treito PO-350-Goián. Vía de alta capacidade (VAC) Tui-A Guarda e MSV da estrada PO-552, puntos quilométricos 57+760 a 59+860, de clave PO/17/161.01.1
1º. Aprobar o expediente correspondente aos trámites de información pública e informe das administracións afectadas dos proxectos de trazado:
– Reformulación do treito PO-350-Goián. VAC Tui-A Guarda e MSV da estrada PO-552, pp.qq. 57+760 a 59+860, de clave PO/17/161.01.1.
– Adaptación dos camiños de servizo previstos no proxecto de reformulación do treito PO-350-Goián. VAC Tui-A Guarda e MSV da estrada PO-552, pp.qq. 57+760 a 59+860, clave PO/17/161.01.1, ás necesidades de mobilidade municipal, de clave PO/20/086.10.
2º. Aprobar definitivamente o proxecto de trazado de adaptación dos camiños de servizo previstos no proxecto de reformulación do treito PO-350-Goián. VAC Tui-A Guarda e MSV da estrada PO-552, pp.qq. 57+760 a 59+860, clave PO/17/161.01.1, ás necesidades de mobilidade municipal, de clave PO/20/086.10, coas seguintes modificacións respecto do proxecto sometido a información pública:
– Mellora de camiños: tendo en conta as novas necesidades de mobilidade municipal, recollidas na modificación puntual núm. 10 do PXOM do concello de Tomiño, os camiños de servizo sometidos a información pública no proxecto de clave PO/20/086.10, que atendían as necesidades municipais, serán substituídos pola proposta de camiños que complementan a mobilidade no treito da estrada autonómica en solo rústico e de solo rural que propoña a modificación puntual núm. 10 do PXOM, relativa ao parque agroindustrial transfronteirizo do Baixo Miño; que están coordinados co resto de camiños que propón a modificación do Plan xeral.
– Todos os novos camiños e conexións no ámbito do proxecto terán a categoría de rede local, excepto o treito que se desdobra da PO-552 ás súas glorietas de conexión, que formarán parte da rede estruturante, xa que forman parte directa da conexión coa República Portuguesa.
– Dado que se está a diminuír o ámbito da actuación (nos camiños de servizo), redactarase un documento co ámbito da actuación que afecta o desdobramento da PO-552 e unha relación actualizada dos bens e dereitos afectados, que estará á disposición dos afectados.
Consonte establece o artigo 23.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Tomiño, no cal se asentan as infraestruturas obxecto do proxecto, deberá adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no proxecto, en que se establecen as determinacións do planeamento urbanístico que deben ser modificadas como consecuencia da súa aprobación, no prazo dun ano e, en todo caso, na súa primeira modificación ou revisión.
A aprobación definitiva do proxecto de trazado implica a declaración de utilidade pública, a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos necesarios para a execución das obras, dos depósitos dos materiais sobrantes, dos préstamos necesarios para executalas e para reposición de servizos afectados, previstos no proxecto, así como para a implantación do proxecto e as modificacións deste que, de ser o caso, se poidan aprobar posteriormente, e a urxencia da ocupación, todo iso para os efectos de expropiación, ocupación temporal ou imposición ou modificación de servidumes, segundo o disposto no artigo 22.5 da Lei 8/2013, do 28 de xuño.
