A Orde do 29 de decembro de 2023 (DOG núm. 5, do 8 de xaneiro de 2024) convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral, en desenvolvemento do acordo publicado pola Orde do 22 de novembro de 2022. Este complemento de carácter fixo é adicional aos conceptos retributivos actualmente existentes na estrutura salarial do persoal laboral.
O prazo para presentar as solicitudes abriuse o 8 de xaneiro de 2024.
Mediante anuncios no DOG do 26 de decembro de 2023 convocouse o proceso de funcionarización relativo aos grupos I, III, IV e V:
• Resolución do 15 de decembro de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral e corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.
• Resolución do 15 de decembro de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.
• Resolución do 15 de decembro de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2, por parte do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupo IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.
• Resolución do 15 de decembro de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo V, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.
O prazo de solicitude iniciouse o día 15 de xaneiro de 2024 e era de vinte (20) días hábiles, é dicir, ata o 9 de febreiro de 2024.
As persoas relacionadas no anexo non presentaron solicitude de participación no proceso de funcionarización convocado para o seu grupo e categoría dentro do prazo. Así, incumpren o requisito previsto no artigo 12.b) da Orde do 29 de decembro de 2023.
En vista do anterior, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
RESOLVE:
Inadmitir as solicitudes sinaladas no anexo a esta resolución para acceder aos graos extraordinarios I e II do complemento de desempeño, por non cumpriren os requisitos previstos para o acceso establecidos na Orde do 29 de decembro de 2023.
De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo desta resolución a inadmisión da súa solicitude de recoñecemento extraordinario do complemento de desempeño do posto para o persoal laboral.
Contra esta resolución poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer demanda, ante a xurisdición social, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 69 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
|
Nº |
NIF |
Apelido 1 |
Apelido 2 |
Nome |
Grao |
Grupo |
Data Rexistro |
|
1 |
***2464** |
Alonso |
Rivero |
José |
2 |
Grupo IV |
26.2.2024 |
|
2 |
***2990** |
Barreira |
Gómez |
Silverio |
1 |
Grupo IV |
11.3.2024 |
|
3 |
***4448** |
Barreiro |
Barco |
Magdalena |
1 |
Grupo V |
22.1.2024 |
|
4 |
***5597** |
Búa |
Blanco |
María Ángeles |
2 |
Grupo IV |
21.3.2024 |
|
5 |
***5115** |
Cal |
Rodríguez |
Ana María |
1 |
Grupo IV |
18.3.2024 |
|
6 |
***6921** |
Cepeda |
Lueiro |
José Manuel |
2 |
Grupo IV |
1.3.2024 |
|
7 |
***7213** |
Ces |
Rodríguez |
Xoán Vicenzo |
2 |
Grupo III |
19.3.2024 |
|
8 |
***8757** |
Conde |
Saa |
Pedro Pablo |
2 |
Grupo V |
5.3.2024 |
|
9 |
***4824** |
Docasar |
Fernández |
José Luis |
2 |
Grupo III |
29.2.2024 |
|
10 |
***2912** |
Dubois |
Janeiro |
Alejandro |
1 |
Grupo I |
23.2.2024 |
|
11 |
***6159** |
López |
González |
Manuel |
1 |
Grupo IV |
17.1.2024 |
|
12 |
***6011** |
López |
Vázquez |
David |
2 |
Grupo IV |
5.4.2024 |
|
13 |
***5441** |
Mariño |
Durán |
Ana María |
2 |
Grupo V |
18.3.2024 |
|
14 |
***6491** |
Maside |
Caldeiro |
Juan Carlos |
1 |
Grupo V |
18.3.2024 |
|
15 |
***5091** |
Novo |
Carro |
Lucía |
1 |
Grupo IV |
20.3.2024 |
|
16 |
***8975** |
Otero |
Giménez |
Beatriz |
2 |
Grupo IV |
20.3.2024 |
|
17 |
***5201** |
Parente |
González |
Fernando |
2 |
Grupo V |
28.2.2024 |
|
18 |
***6006** |
Pérez |
Piñeiro |
María Berta |
2 |
Grupo IV |
18.3.2024 |
|
19 |
***4650** |
Varela |
Pose |
Mercedes |
2 |
Grupo V |
27.3.2024 |
|
20 |
***5740** |
Vázquez |
Loureiro |
María Jesús |
1 |
Grupo IV |
9.3.2024 |
