DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 12 de xullo de 2024 Páx. 42130

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Fonsagrada (expediente IN407A 2023/246-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: novo CT A Pandela e enlace LSAT.

Situación: concello da Fonsagrada.

Características técnicas principais:

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV de entrada ao novo CT prefabricado Pandela, con orixe nun PAS situado no apoio 5617 da LAT Fonsagrada 1 e final no CT prefabricado A Pandela, cunha lonxitude de 75 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Centro de transformación prefabricado A Pandela, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia inicial de 50 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Desmontaxe da aparellaxe do CTI A Pandela (5617) e dos fusibles XS existentes.

Finalidade da instalación: nova subministración.

Orzamento: 82.900,14 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello da Fonsagrada.

Esta dirección territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, supeditada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 24 de xuño de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo