DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 12 de xullo de 2024 Páx. 42175

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación, expediente 2024/PLANEAM/000010 (FG 736).

Mediante a Resolución da Alcaldía 2024003265, do 18 de xuño, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de expropiación de parcelas para a construción dun aparcadoiro no Seixo Branco, Serantes (documento do 12.6.2024).

De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto na páxina web do Concello (www.oleiros.org), na Área de Urbanismo, trámites de información pública, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 20 de xuño de 2024

Ángel García Seoane
Alcalde presidente