DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 12 de xullo de 2024 Páx. 42155

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 22 de maio de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Vilaboa, que supón a extinción da DH.A36.03366 (expediente DH.A36.83493).

En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios 1ª de Acuña.

Expediente: DH.A36.83493.

Volume total anual: 7.686,90 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,96 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: tres (3) mananciais: M1 a M3:

M1 situado na parcela 808, pol. 44.

M2 situado na parcela 818, pol. 44.

M3 situado na parcela 822, pol. 44.

Todas do Catastro de Vilaboa.

Lugar: Acuña.

Parroquia: Vilaboa.

Concello: Vilaboa.

Descrición:

A auga das captacións reúnese para conducila a un depósito 50 m3 situado sobre as parcelas 948 e 949, pol. 44, desde o cal se distribúe ás vivendas que abastece a Comunidade no lugar de Acuña.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 22 de maio de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur