DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 15 de xullo de 2024 Páx. 42390

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean novos membros dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, convocado polas resolucións do 14 e 15 de decembro de 2022, e se dá publicidade da modificación da condición de participación dalgúns dos seus membros.

Mediante as resolucións do 2 de novembro de 2023 (DOG núm. 214, do 10 de novembro) e 5 de decembro de 2023 (DOG núm. 237, do 15 de decembro) nomeáronse os tribunais cualificadores dos procesos selectivos, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso na condición de persoal estatutario fixo en diversas categorías, convocadas polas resolucións do 14 e 15 de decembro de 2022.

Na base sétima das resolucións do 14 e 15 de decembro de 2022, de convocatoria do proceso selectivo, disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomeen os novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, e por circunstancias sobrevidas, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Primeiro. Nomear, con efectos desde a data da presente resolución, novos membros dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario fixo convocado polas resolucións do 14 e 15 de decembro de 2022 (DOG núm. 3, do 4 de xaneiro de 2023), nos termos que a seguir se indican:

Facultativo/a especialista de área de Medicina Interna:

Secretario titular: Sampedro Morandeira, José Luis. Persoal estatutario de xestión e servizos. Grupo técnico da función administrativa; en substitución de García Caeiro, Javier. Funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia .

Enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria:

Secretario titular: Carracedo Durán, Mercedes. Persoal estatutario de xestión e servizos. Grupo técnico da función administrativa, en substitución de García Caeiro, Javier. Funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2024

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos