DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 15 de xullo de 2024 Páx. 42395

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ACORDO do 1 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se dá publicidade ao inicio dun expediente de reintegro de axudas ao estudo, convocadas polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a dar publicidade á parte substantiva dos acordos da Dirección Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Lugo.

Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas identificadas no anexo do presente acordo, en aplicación do disposto nos artigos 45 e 46 (xerais)/ 20 a 23 (NEAE), da convocatoria do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes das axudas para o curso que se indica.

Segundo. Poñer ao dispor da persoa interesada o expediente para que conforme o previsto no artigo 82 da citada Lei 39/2015, no prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no BOE, alegue e presente os documentos e xustificacións que xulgue pertinentes ante esta dirección territorial, situada na rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo (982 29 49 57, 982 29 41 88/89), por algún dos sistemas de rexistro previstos no artigo 16.4 daquela lei.

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Formación e Orientación Universitaria do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes ditará, de ser o caso, a resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do aboamento da bolsa.

Con todo, no caso de que a persoa interesada estea conforme coa obriga do reintegro, poderá facelo efectivo en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, dándose así por concluído o expediente.

Lugo, 1 de xullo de 2024

Sagrario Sánchez Ramil
Directora territorial de Lugo

ANEXO I

Convocatoria xeral para estudos postobrigatorios

Interesado/a:

NIF: 44441505P.

Importe: 2.327,10 €.

Curso: 2022/23.

Causa: 1.10 Non ter superado o 50 % das materias ou créditos matriculados.