Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: substitución dos apoios 9T77KDFP//9, 9T6NLQA3//10 e 9T616GSD//11 da LMTA CII818.
Situación: Bueu.
Características técnicas:
Substitución dos apoios 9T77KDFP//9, 9T6NLQA3//10 e 9T616GSD//11 da liña de media tensión aérea (LMTA) CII818, no tramo CII8181109, por dous apoios C-1000/12 e un C-1000/14, respectivamente.
LMTA a 20 kV, con condutor LA-110, de 209 metros de lonxitude, con orixe no primeiro apoio proxectado C-1000/12 e final no apoio proxectado C-1000/14.
A instalación está situada na Portela, no concello de Bueu (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta dirección territorial, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta (30) días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 24 de xuño de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2024/160-4.
Denominación: substitución dos apoios 9T77KDFP//9, 9T6NLQA3//10 e 9T616GSD//11 da LMTA CII818.
Concello: Bueu.
|
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
|
|
Nº |
m2 |
|||||
|
1 |
Parabua |
Rústico |
36004A004009450000QW |
Descoñecido/a |
1 |
1,21 |
|
2 |
Rabaleiros |
Rústico |
36004A004008920000QP |
Descoñecido/a |
2 |
1,21 |
|
3 |
As Novas |
Rústico |
36004A004007860000QW |
Hrdos. de Josefa Gestido Gil |
3 |
1,44 |
