DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 15 de xullo de 2024 Páx. 42451

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO de ampliación do período de información pública relativo á aprobación inicial do documento de revisión do Plan xeral de ordenación municipal de Narón (DAI-2023).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria que tivo lugar o 25 de abril de 2024, aprobou inicialmente o novo Plan xeral de ordenación municipal de Narón (PXOM) co seu estudo ambiental estratéxico e completado co resumo executivo, datado de outubro de 2023, e asinado por Alfredo Garrote Pazos, director do equipo redactor ARQYUR, S.C.

De conformidade co previsto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 144.6 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, comezou un trámite de información pública, durante un prazo de dous meses, mediante anuncios publicados o 15.5.2024 no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do 9 de xullo de 2024, acordou ampliar o período de exposición pública un mes máis, con efectos a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Narón, 9 de xullo de 2024

Marián Ferreiro Díaz
Alcaldesa