DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 16 de xullo de 2024 Páx. 42553

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 13 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Coristanco (expediente IN407A 2023/443-1 modificado).

Expediente: IN407A 2023/443-1 modificado.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: modificado do proxecto regulamentación CT Cerqueiras 15CCS1 e adecuación LMT.

Concello: Coristanco.

1. Características técnicas:

• LMTS a 15 kV, de 24 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150) mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no novo apoio proxectado, onde se instalará un elemento seccionador tipo XS e autoválvulas, para intercalar entre os apoios nº 9WM2G5S5//45-22, que se vai retirar, e nº 9XPEIIBG//45-21 existente da LMT CBL707B Midusa-Anxeriz 7, procedente da subestación Carballo, e remate no CTC proxectado.

• Desmantelamento de tramo LMTA a 15 kV, condutor tipo LA-30 Al, con orixe no CT Cerqueiras (15CCS1, expediente 50.148) existente para retirar e remate no apoio proxectado. Retirada dos apoios nº 9WM2G5S5//45-22 e 9WLM8PS2//45-23. Retensado de tramo aéreo entre o apoio nº 9XPEIIBG//45-21 e o novo apoio proxectado.

• Novo CT Cerqueiras compacto prefabricado tipo rural, cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 15.000/400-230 V. Desmantelamento do CT Cerqueiras (15CCS1, expediente 50.148) de 100 kVA en envolvente de obra civil tipo rural en caseta alta.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE número 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 13 de xuño de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Coristanco

Modificado do proxecto regulamentación CT Cerqueiras 15CCS1 e adecuación LMT

Nº de parcela

Lugar e referencia catastral

Cultivo

Propietario

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxia eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Lg. Cerqueiras de Abaixo 3204906NH2830S0001LU

Urbano.

Solo sen edificar

José Pérez Recarey Rúa

Centro de transformación e beirarrúa perimetral

26,85

2

Lg. Cerqueiras de Abaixo

3204908NH2830S0001FU

Urbano.

Solo sen edificar

Carmen Martínez López

1

2,0

3,0

5,58

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais. ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2. m2 sot.: superficie de servidume soterrada.