BDNS (Identif.): 738625.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Importe
Modifícase a dotación orzamentaria das bases reguladoras, que queda establecida do xeito seguinte:
Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á partida orzamentaria 09.A1-741A-8310 e por un importe de 33.000.000 € para o ano 2024 e 17.000.000 € para o ano 2025.
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2024
Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica