Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da directora territorial da Consellería do Mar en Vigo, do 25 de xuño de 2024, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:
Identificación e localización: parcela número 165 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 18,58 m2.
Data da resolución do outorgamento: 1.7.2019 (DOG núm. 131, do 11.7.2019).
Remate da vixencia: 12.7.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: inter vivos.
Actual titular: Manuel Domínguez Oliveira (***2659**).
Nova titular: María Leiro Soto (***8263**).
A nova titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas do anterior.
Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.
Vigo, 26 de xuño de 2024
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo