Na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, está consignado crédito por importe de 400.000,00 € para a indicada anualidade e 400.000,00 € para o ano 2025, con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.A4.741A.481.0 e 14.A4.741A.444.0, código de proxecto 2018 00005.
De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.
Na súa virtude, a Axencia Galega da Industria Forestal
RESOLVE:
Dar publicidade ás axudas concedidas e ás solicitudes desistidas e non admitidas a trámite ao abeiro da Resolución do 16 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de actividades formativas non regradas que impulsen o coñecemento e a competitividade da industria forestal-madeira de Galicia (código de procedemento IN501A) que figuran nos anexos I, II e III.
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2024
Jacobo José Aboal Viñas
Director da Axencia Galega da Industria Forestal
ANEXO I
Axudas concedidas
Expediente |
Nome/razón social |
Puntos |
Importe subvencionable |
Importe subvencionable (por expediente) |
Importe concedido total (por solicitante) |
Importe concedido total (por expediente) |
IN501A-2024-00000002 |
Asociación de Empresarios de la 1 Transformación de la Madera de Lugo |
90 |
71.291,14 € |
71.291,14 € |
60.000,00 € |
60.000,00 € |
IN501A-2024-00000003 |
Federación Empresarial de Aserradores y Rematantes de Madera de Galicia |
65 |
63.308,35 € |
63.308,35 € |
60.000,00 € |
60.000,00 € |
IN501A-2024-00000004 |
Asociación Clúster da Biomasa de Galicia |
110 |
25.355,79 € |
35.481,36 € |
25.355,79 € |
35.481,36 € |
Asociación Bioeco2 |
10.125,57 € |
10.125,57 € |
||||
IN501A-2024-00000005 |
Universidade Santiago Compostela |
90 |
40.267,16 € |
40.267,16 € |
40.267,16 € |
40.267,16 € |
IN501A-2024-00000006 |
Asociación Sectorial Forestal Galega-Asefoga |
105 |
56.188,02 € |
59.999,94 € |
56.188,02 € |
59.999,94 € |
Asociación de Desenvolvemento Rural Ódega |
3.811,92 € |
3.811,92 € |
||||
IN501A-2024-00000007 |
Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal |
90 |
16.903,94 € |
16.903,94 € |
16.903,94 € |
16.903,94 € |
IN501A-2024-00000008 |
Clúster de la Madera de Galicia |
75 |
35.398,77 € |
35.398,77 € |
35.398,77 € |
35.398,77 € |
IN501A-2024-00000009 |
Colexio Oficial de Biólogos de Galicia |
60 |
8.866,16 € |
8.866,16 € |
8.866,16 € |
8.866,16 € |
IN501A-2024-00000011 |
Asociación para el Desarrollo Educativo y Cultural |
90 |
1.987,50 € |
1.987,50 € |
1.987,50 € |
1.987,50 € |
IN501A-2024-00000012 |
Asociación de Resineiros do Sur de Galicia-Resuga |
90 |
59.460,40 € |
59.460,40 € |
59.460,40 € |
59.460,40 € |
IN501A-2024-00000013 |
Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia, S.L. |
85 |
43.334,73 € |
43.334,73 € |
43.334,73 € |
43.334,73 € |
IN501A-2024-00000015 |
Asociación de Mulleres Autónomas Rurais de Galicia |
65 |
58.938,80 € |
58.938,80 € |
58.938,80 € |
58.938,80 € |
ANEXO II
Solicitudes de axudas desistidas
Expediente |
Nome/razón social |
Motivo |
IN501A-2024-00000001 |
ACDR Terras da Mariña |
Non presenta a documentación requirida |
IN501A-2024-00000014 |
Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas de Ourense |
Non presenta a documentación requirida |
ANEXO III
Solicitudes de axudas non admitidas a trámite
Expediente |
Nome/razón social |
Motivo |
IN501A-2024-00000010 |
Fundación Eduardo Pondal |
A actividade presentada pola entidade Fundación Eduardo Pondal considérase non elixible por, a) Non encadrar dentro do artigo 4 das bases reguladoras desta subvención. b) Non cumprir o artigo 7.1 das bases reguladoras, que indica que «As actividades de carácter formativo non regradas deben estar orientadas a profesionais da industria forestal-madeira (incluídas persoas prescritoras e instaladoras en madeira), así como a estudantes de formación profesional e estudantes universitarios vencellados ao ámbito forestal-madeira ou recentemente titulados nos ditos estudos». |