Este tribunal nomeado pola Resolución do 15 de setembro de 2023 (DOG núm. 178, do 19 de setembro), unha vez revisadas as alegacións presentadas contra a Resolución do 20 de decembro de 2023 pola que se deu publicidade, entre outros acordos, ás puntuacións obtidas polas persoas aspirantes ao segundo exercicio do proceso selectivo, así como a relación das que non acadaron a puntuación mínima de 15 puntos establecida na base III.1.1.2.b) da convocatoria (DOG núm. 8, do 11 de xaneiro de 2024); en sesión do 19 de febreiro de 2024,
ACORDOU:
Primeiro. Corrixir o erro contido no texto da resolución deste tribunal do 20 de decembro de 2023 (DOG do 11 de xaneiro de 2024) e no punto primeiro da resolución onde di: «De conformidade co disposto na base III.1.1.2.b) da convocatoria, o segundo exercicio da fase de oposición cualificarase de 0 a 30 puntos e, para superalo será necesario obter un mínimo de vinte (15) puntos», debe dicir: «De conformidade co disposto na base III.1.1.2.b) da convocatoria, o segundo exercicio da fase de oposición cualificarase de 0 a 30 puntos e, para superalo, será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos».
Segundo. Desestimar as alegacións presentadas na súa totalidade.
Terceiro. Publicar a presente resolución no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal e no Diario Oficial de Galicia.
De acordo co disposto na base V.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos establecidos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2024
Beatriz Moar Ulloa
Presidenta do tribunal