Mediante a Resolución reitoral do 10 de abril de 2024 (DOG do 22 de abril e BOE do 30 de abril), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (resonancia magnética nuclear), grupo III, pola quenda de acceso libre.
Mediante a Resolución reitoral do 31 de maio de 2024 (DOG do 12 de xuño), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaran a exclusión ou omisión.
Rematado o dito prazo, e consonte ao establecido na base 4.4 da convocatoria,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.
Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e na web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas e que non están exentas deste exercicio, para a realización do primeiro exame da fase de oposición (proba de galego) o día 5 de setembro de 2024, ás 10.00 horas, na Sala de Xuntas do Centro de Linguas Modernas (Centro de Linguas Modernas. Avenida das Ciencias. Casa dos Catedráticos, 7, 1º C Campus Vida).
A publicación dos sucesivos anuncios de realizacións dos demais exercicios efectuarase polo tribunal, nos locais onde se realizara a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo de un mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2024
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela