O Concello de Betanzos fai pública unha notificación relativa ao requirimento de limpeza aos titulares das parcelas que se indican a continuación, logo de resultar infrutuosa, por causas non imputables a esta administración, a notificación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia , de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Expediente |
Referencia catastral |
Titular |
Acto notificado |
2023/V001/000021 |
15009A00900080000EK |
Loureda Martínez, Josefa (Herdeiros de) |
Requirimento de limpeza da parcela |
2024/V001/000040 |
15009A007000770000EA |
Pena Gabín, José (Herdeiros de) |
Requirimento de limpeza da parcela |
2024/V001/000045 |
15009A007008880000EM |
Peérez Pérez, Josefa (Herdeiros de) |
Requirimento de limpeza da parcela |
2024/V001/000049 |
15009A003004280000EY |
Prieto Pérez, María Dolores |
Requirimento de limpeza da parcela |
2024/V001/000049 |
15009A003004330000EQ |
Pico Domínguez, José (Herdeiros de) |
Requirimento de limpeza da parcela |
2024/V001/000052 |
15009A009002490000EH |
Varela González, Carmen (Herdeiros de) |
Requirimento de limpeza da parcela |
2024/V001/000061 |
15009A010000950000ER |
En investigación |
Requirimento de limpeza da parcela |
2024/V001/000062 |
15009A011003530000EF |
López Couceiro, Pilar |
Requirimento de limpeza da parcela |
2024/V001/000063 |
15009A009000090000EO |
López Patiño, Aurelia (Herdeiros de) |
Requirimento de limpeza da parcela |
As persoas interesadas en coñecer o contido íntegro do acto que se notifica poderán acudir ás oficinas municipais do Concello de Betanzos, sitas na praza da Constitución (casa do concello), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de anuncios do BOE. Así mesmo, dispoñen de idéntico prazo para cumprir coa obriga da xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada das especies arbóreas prohibidas.
Unha vez transcorrido este prazo sen que se faga uso do dereito sinalado, o Concello de Betanzos continuará co expediente segundo o disposto no punto 4º do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril.
O Concello de Betanzos notifica este acto para os efectos oportunos e sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan alegar o que xulguen oportuno, no prazo de quince días desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Betanzos, 26 de xuño de 2024
María Barral Varela
Alcaldesa