En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,
RESOLVO:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 11.04.322C.770.0 da Orde do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR341Q).
Na web publicaranse as listaxes de concesión das axudas, con indicación da convocatoria, da persoa beneficiaria e da cantidade concedida da subvención outorgada. As persoas interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón:
https://conselleriaemprego.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego
Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2024
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais