A Orde da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, do 19 de xuño de 2024, pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023/24 (DOG núm. 125, do 28 de xuño), establece no seu artigo 13 que para valorar os méritos das persoas participantes, a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa designará unha comisión formada por un presidente ou unha presidenta, e ata un máximo de seis vogais, coa categoría de subdirector/a xeral, xefe/a de servizo ou inspectores e inspectoras de educación.
De conformidade co establecido no citado artigo 13 e na disposición derradeira primeira da citada Orde do 19 de xuño de 2024, esta dirección xeral
RESOLVE:
Designar os membros da Comisión de Selección que valorará os méritos das persoas candidatas aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023/24, que é a que figura a seguir:
– Titulares:
Presidente: Manuel Enrique Prado Cueva, subdirector xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo.
– Vogais:
Genoveva Carmen Ferreiro Pumariño, inspectora de educación.
José Fernando Carrasco Mera, inspector de educación.
María Teresa Vázquez Montes, inspectora de educación.
– Suplentes:
Presidenta: Branca Nazaré Guerreiro Muñoz, inspectora de educación.
– Vogais:
Benigno Sánchez Vales, inspector de educación.
Patricia Gens Autrán, inspectora de educación.
María Elena Urtiaga Estévez, inspectora de educación.
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2024
Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa