De conformidade co establecido no artigo 12 da Orde do 7 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2024 e de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de concesión e denegación das axudas publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder as subvencións destinadas á mellora das condicións xerais de produción e comercialización dos produtos apícolas, convocadas para o ano 2024, aos solicitantes que se relacionan no anexo I.
Segundo. Desestimar as solicitudes de subvención relacionadas no anexo II para as accións sinaladas en aplicación da concorrencia competitiva e por esgotamento de crédito.
Terceiro. Desestimar as solicitudes de axuda relacionadas no anexo III, por incumprimento do recollido no punto 1.a).2º do artigo 4: «Seren titulares dunha explotación con máis de 15 colmeas para o caso das persoas apicultoras que soliciten a axuda a título individual».
Cuarto. Desestimar as solicitudes de axuda relacionadas no anexo IV, por incumprimento do recollido no punto 1.e) do artigo 6: «Documentación relativa ás ofertas achegadas e xustificación de non vinculación entre as empresas invitadas a ofertar», para as accións 2.1.3 e 2.1.1, e en aplicación da concorrencia competitiva e por esgotamento de crédito para a acción 2.5.4.
Quinto. Declarar rematado o procedemento por desistencia para a solicitude relacionada no anexo V.
Sexto. Informar dos seguintes aspectos:
1. Norma reguladora da convocatoria: Orde do 7 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).
2. Aplicación orzamentaria: 14.04.713E.770.2 (actualmente 45.04.713E.770.2 en función do establecido na Orde do 25.4.2024) e crédito orzamentario: 1.487.810 €. A dotación orzamentaria da orde de que derivan estas axudas procede dos fondos Feaga da Unión Europea (743.905 €), dos orzamentos xerais do Estado (371.952,50 €) e dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia (371.952,50 €).
3. Obxecto: establecer as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das condicións xerais de produción e comercialización dos produtos apícolas, no marco da Intervención Sectorial Apícola recollida no Plan estratéxico nacional da política agrícola común (PAC) do Reino de España 2023-2027, e proceder á súa convocatoria para o ano 2024
4. Réxime das axudas:
Estas axudas outórganse ao abeiro do disposto no Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) núm. 1305/2013 e (UE) núm. 1307/2013, recolle no seu artigo 55 os tipos de intervencións que se realizarán no sector apícola e a axuda financeira da Unión para esta intervención, destinada á elaboración de programas nacionais para mellorar as condicións xerais de produción e comercialización dos produtos apícolas, que quedarán condicionadas polo establecido na normativa comunitaria sobre esta materia.
O procedemento de concesión destas axudas tramitouse en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
5. Destinatarios:
a) As persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas que sexan integrantes de explotacións de titularidade compartida recollidas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias.
b) As agrupacións de apicultores/as, na medida en que os seus socios ou asociados beneficiarios das axudas cumpran cos requisitos establecidos na letra a) do número 1 do artigo 4 da orde de convocatoria.
6. Xustificación:
A data límite para a presentación das xustificacións técnicas e económicas da realización do programa será o 15 de agosto de 2024. O pagamento tramitarase logo de xustificación da execución do proxecto no prazo sinalado e, para tal efecto, o beneficiario deberá presentar a documentación requirida na orde de axudas.
7. Recursos:
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Tamén se poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.
Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2024
A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
ANEXO I
Persoas beneficiarias e importe concedido:
Núm. |
Nº expediente |
Nome/razón social |
NIF |
Total |
1 |
API-2024-15-0018 |
Asociación Galega de Apicultura |
***0772** |
389.183,60 € |
2 |
API-2024-15-0019 |
Asociación Casa do Mel |
***2438** |
67.257,52 € |
3 |
API-2024-15-0022 |
Nueve Uvas, S.L.U. |
***9409** |
370,66 € |
4 |
API-2024-15-0023 |
Apia Natura, S.L. |
***9088** |
1.167,87 € |
5 |
API-2024-15-0024 |
Elías Seoane Corral |
***0638** |
2.567,40 € |
6 |
API-2024-27-0004 |
Gosto Productores, S.L. |
***4318** |
7.589,85 € |
7 |
API-2024-27-0005 |
Mieles Anta, S.L. |
***3516** |
77.432,69 € |
8 |
API-2024-27-0006 |
Pazo de Lusío, S.L. |
***9909** |
27.841,05 € |
9 |
API-2024-27-0008 |
Óscar Prieto Sanmartín |
***1773** |
208,26 € |
10 |
API-2024-27-0010 |
Cauru, S.C.G. |
***2796** |
10.811,86 € |
11 |
API-2024-27-0020 |
Asociación Provincial Lucense de Apicultura |
***0222** |
213.423,31 € |
12 |
API-2024-27-0028 |
Catalina Ruíz Cabrera |
***6618** |
9.623,98 € |
13 |
API-2024-32-0001 |
Aroamel, T.C. |
***7427** |
4.052,41 € |
14 |
API-2024-32-0003 |
José Valencia Rodríguez |
***9115** |
8.206,52 € |
15 |
API-2024-32-0011 |
Raquel Rodríguez Martínez |
***7033** |
67,50 € |
16 |
API-2024-32-0012 |
Flora Fernández Fernández |
***2851** |
150,00 € |
17 |
API-2024-32-0013 |
Susana Vega Domínguez |
***7027** |
135,00 € |
18 |
API-2024-32-0014 |
Manuel Murias Fernández |
***0076** |
418,10 € |
19 |
API-2024-32-0015 |
Francisco J. Rodríguez Peleteiro |
***2471** |
3.925,82 € |
20 |
API-2024-32-0016 |
Ana Belén Santana Otero |
***2680** |
2.083,18 € |
21 |
API-2024-32-0017 |
Apiben, S.C. |
***4296** |
14.884,24 € |
22 |
API-2024-32-0021 |
Benigno Basteiro Rodríguez |
***2292** |
6.337,34 € |
23 |
API-2024-32-0025 |
Asociación Apícola Abellas Nais |
***4674** |
137.872,05 € |
24 |
API-2024-32-0026 |
Asociación Agrogandeira Apícola e Forestal de Bande |
***4901** |
13.320,71 € |
25 |
API-2024-32-0027 |
Asociación Agrupación Apícola de Galicia |
***2524** |
420.634,90 € |
26 |
API-2024-32-0029 |
Asociación Galega de Apicultores Profesionais |
***4962** |
68.244,18 € |
ANEXO II
Solicitudes de axuda denegadas para as seguintes accións en aplicación da concorrencia competitiva e por esgotamento de crédito:
Nº expediente |
Nome/razón social |
NIF |
Accións denegadas |
API-2024-15-0018 |
Asociación Galega de Apicultura |
***0772** |
3.1; 2.5.4; 2.1.8; 2.1.4; 1.3; 1.2 |
API-2024-15-0019 |
Asociación Casa do Mel |
***2438** |
2.1.4 |
API-2024-15-0022 |
Nueve Uvas, S.L.U. |
***9409** |
2.5.4 |
API-2024-15-0023 |
Apia Natura, S.L. |
***9088** |
2.5.4 |
API-2024-15-0024 |
Elías Seoane Corral |
***0638** |
2.5.4 |
API-2024-27-0004 |
Gosto Productores, S.L. |
***4318** |
2.5.4 |
API-2024-27-0005 |
Mieles Anta, S.L. |
***3516** |
2.5.4 |
API-2024-27-0006 |
Pazo de Lusío, S.L. |
***9909** |
2.1.4; 2.5.4 |
API-2024-27-0008 |
Óscar Prieto Sanmartín |
***1773** |
2.5.1 |
API-2024-27-0010 |
Cauru, S.C.G. |
***2796** |
2.5.4 |
API-2024-27-0020 |
Asociación Provincial Lucense de Apicultura |
***0222** |
2.1.4, 2.5.4; 1.3 |
API-2024-27-0028 |
Catalina Ruíz Cabrera |
***6618** |
2.5.4 |
API-2024-32-0001 |
Aroamel, T.C. |
***7427** |
2.5.4 |
API-2024-32-0003 |
José Valencia Rodríguez |
***9115** |
2.5.4 |
API-2024-32-0015 |
Francisco J. Rodríguez Peleteiro |
***2471** |
2.5.4 |
API-2024-32-0016 |
Ana Belén Santana Otero |
***2680** |
2.5.4 |
API-2024-32-0017 |
Apiben, S.C. |
***4296** |
2.5.4 |
API-2024-32-0021 |
Benigno Basteiro Rodríguez |
***2292** |
2.5.4 |
API-2024-32-0025 |
Asociación Apícola Abellas Nais |
***4674** |
2.1.4 |
API-2024-32-0027 |
Asociación Agrupación Apícola de Galicia |
***2524** |
1.2; 1.3; 2.1.4; 2.5.4; 2.1.8 |
API-2024-32-0029 |
Asociación Galega de Apicultores Profesionais |
***4962** |
2.1.4 |
ANEXO III
Solicitudes denegadas por incumprimento do recollido no punto 1.a).2 do artigo 4: «Seren titulares dunha explotación con máis de 15 colmeas para o caso das persoas apicultoras que soliciten a axuda a título individual»:
Nº expediente |
Nome/razón social |
NIF |
Accións denegadas por incumprimento de requisitos |
API-2024-27-0002 |
Patricia Lopes Fernández |
***5335** |
2.5.2; 2.1.3; 2.1.1; 2.1.4; 2.1.5.1; 2.1.5.2; 2.3.1; 2.5.1; 2.5.4; 2.5.5; 2.5.6; 2.3.2 |
API-2024-27-0007 |
Fidel Lobeiras Pumares |
***4832** |
2.1.1 |
ANEXO IV
Solicitude denegada por incumprimento do recollido na alínea 1.e) do artigo 6: «Documentación relativa ás ofertas achegadas e xustificación de non vinculación entre as empresas invitadas a ofertar», para as accións 2.1.3 e 2.1.1 e en aplicación da concorrencia competitiva e por esgotamento de crédito para a acción 2.5.4:
Nº expediente |
Nome/razón social |
NIF |
Accións denegadas |
API-2024-32-009 |
Manuel Rodríguez González |
***1218** |
2.1.3; 2.1.1; 2.5.4 |
ANEXO V
Declarar rematado o procedemento por desistencia para o seguinte expediente por non presentar a documentación requirida:
Nº expediente |
Nome/razón social |
NIF |
API-2024-32-030 |
Teodoro Álvarez Castro |
***8243** |