Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Lugo, 12 de xullo de 2024
Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Expediente |
Parte contraria notificada |
Resolución notificada |
|
PR204A 2024/2125-2 |
Pablo Mouriz Pérez |
Desestimatoria |
|
PR204A 2024/2885-2 |
Miguel Ángel González Segura |
Estimatoria |
|
PR204A 2024/2922-2 |
Glodispa |
Estimatoria |
|
PR204A 2024/2996-2 |
Life and Enjoy, S.L. |
Estimatoria |
|
PR204A 2024/3009-2 |
Brenda López de Alcántara |
Estimatoria |
|
PR204A 2024/3011-2 |
María José Díaz Echeverry |
Estimatoria |
|
PR204A 2024/3130-2 |
Muralla Walls, S.L. |
Estimatoria |
