DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 30 de xullo de 2024 Páx. 44931

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 25 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 1036-9436.

Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da directora territorial da Consellería do Mar en Vigo, do 24 de xuño de 2024, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:

Identificación e localización: parcela número 1036-9436 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 1.502,16 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Actuais titulares: Patricia de Sousa Mougán (***8797**) e Roi Fabello Mariño (***8030**).

Novo titular: Roi Fabello Mariño (***8030**).

O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 25 de xuño de 2024

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo