DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 30 de xullo de 2024 Páx. 44914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 9 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se notifican o inicio e o trámite de audiencia ditados no expediente de reclamación en materia de enerxía eléctrica IN635A 2024/194-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselle á persoa interesada que se relaciona no anexo o inicio e o trámite de audiencia no expediente de reclamación, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada dispón dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas oficinas da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º andar, en Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para achegar a documentación solicitada e presentar as alegacións, informacións ou probas que consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Pontevedra, 9 de xullo de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente reclamación: IN635A 2024/194-4.

Interesado: Comunidade de Propietarios C. Bueu, 44.

NIF: H36736437.

Acto notificado: inicio.

Expediente reclamación: IN635A 2024/194-4.

Interesado: Comunidade de Propietarios C. Bueu, 44.

NIF: H36736437.

Acto notificado: trámite de audiencia.