A Xunta de Goberno Local en sesión que tivo lugar o día 12 de xuño de 2024, aprobou inicialmente o estudo de detalle das parcelas EQ2 e EQ3 do parque empresarial As Gándaras (Lugo), formulado pola mercantil UTE ECO Lugo, representada por Rubén Martínez Agra e redactado por Eusebio Chao Carreiras, arquitecto.
Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.
O documento inicialmente aprobado poderá consultarse a través da seguinte ligazón:
https://treboada.lugo.gal/index.php/s/3db7dx5SeHDDffi
Para calquera consulta relativa ao expediente administrativo ou aclaración poderán dirixirse ao Servizo de Urbanismo deste Concello (rolda da Muralla, núm. 197).
Lugo, 4 de xullo de 2024
A alcaldesa de Lugo
P.D. (Decreto número 1727/2024)
Hipólito José Ramón Pérez Novo
Director xeral de Urbanismo
